TELÉFONOS DE INTERESE

15 de enero de 2013

O GROVE DA MARCHA ATRÁS EN PARTE DA ORDENANZA DAS PRAIAS







De intentar limitar a práctica do nudismo a converter o municipio en destino turístico para naturistas de toda España. Así de radical foi o cambio que o Concello de O Grove imprimiu á súa futura ordenanza reguladora do uso das praias. Tralas críticas xeradas nos últimos días, o goberno municipal mudou a súa postura inicial, que en todo caso, segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Alfredo Bea, "malinterpretárase".
Nas novas declaracións de Alfredo Bea a varios medios explicou que, inicialmente, no borrador desta ordenanza non se facía referencia ao nudismo. Foi tralo seu paso polos diferentes servizos municipais cando se incorporou o seguinte artigo: "estará prohibido naquelas praias que teñan a consideración de arenais urbanos e nas praias que non estean debidamente habilitadas e sinalizadas para este uso".
"Era só un borrador, unha choiva de ideas", explica o edil meco. Pero foi tras un informe xurídico, que expresaba dúbidas sobre a legalidade de limitar as zonas naturistas, cando o Concello decidiu rectificar. E non só iso, senón que vai moito máis alá. Asegura que se potenciará a práctica do nudismo en O Grove, coa intención de convertelo nun referente dentro e fóra das nosas fronteiras.
Con este fin, a ordenanza municipal establecerá que "o Concello informará das praias con zonas preferentes para a práctica do naturismo e as promocionará nos circuítos nacionais e internacionais". Segundo Alfredo Bea, o goberno municipal non impedirá o nudismo "en ningunha das nosas praias", pero sinalizará aquelas zonas que recomendan para a súa práctica "para que todo o mundo, por exemplo familias con nenos, saiban o que se van a atopar".
Neste sentido, Bea confirma que a praia de Borreiros/Castiñeiras en San Vicente do Mar, tradicionalmente relacionada co naturismo, será unha das praias escollidas polo Concello de O Grove para simbolizar a súa aposta por este tipo de arenais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.