Un escape de gas localizado no portal e nas zonas de escaleiras dun edificio provocou o desaloxo dos veciños do inmueble afectado en Cambados, pero non houbo feridos.
Segundo os datos facilitados polo 112, ás 22.39 horas do luns o servizo de urxencias foi avisado por Protección Civil de que eran desaloxadas as vivendas do número 18 da rúa Pardo Bazán debido a unha fuga de gas que afectaba ao portal e escaleiras.( Edificio onde se sitúa a Ferretería Lemon i o Rexistro da Propiedade). Protección Civil e a Policía Local comprobaron que as medicións daban positivo por contaminación por gas no portal e escaleiras polo que sospeitaban que podía proceder da canalización da televisión por cable. Así, foron mobilizados técnicos de Gas Galicia para comprobar a procedencia da fuga. Sobre a 1.30 horas, tralas oportunas comprobaciones e unha vez ventiladas as zonas afectadas, os veciños puideron regresar aos seus domicilio |
TELÉFONOS DE INTERESE
▼

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.