Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2013

O CONCELLO CAMBADÉS DESPREOCÚPASE DO RURAL









Os Socialistas de Cambados denuncian o mal estado no que se atopa a estrada EP-9506 que comunica a parroquia cambadesa de Vilariño coa ribadumiense de Barrantes.

A estrada atópase con fochancas, gretas e baches dende fai moito tempo. Agora esa situación vese agravada pola instalación dunha tubería para o gas que supuxo ter que abrir a estrada a varios metros de profundidade e que quedase a estrada remendada, sen un asfalto firme, supoñendo isto un grave perigo para os que circulan por esta vía. A zona máis afectada encóntrase nos lugares de A Bouciña e A Laxe, onde existen baches de tamaño considerable.
   
  O estado desta estrada demostra a despreocupación do Alcalde de Cambados polas parroquias, Vilariño neste caso, e a diferencia de trato da Deputación existente entre o concello veciño de Ribadumia e Cambados.

 No vindeiro pleno pedirán que se lle esixa á Deputación de Pontevedra (ao ser unha estrada provincial) que canto antes se leven a cabo melloras nesta estrada, unha das máis transitadas do municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.