TELÉFONOS DE INTERESE

8 de enero de 2013

MOTOS VELLAS DO SALNES, SOLIDARIEDADE E HOMENAXE







Máis dun centenar de motos clásicas aparcarán o domingo 27 de xaneiro no salón de congresos e exposicións de Pena. Algúns modelos centenarios pero todos cun mínimo de antigüidade de 40 anos e pertencentes aos socios do Club Motos Vellas do Salnés, incluídas as vespas do seu secretario, Rafael Blanco, falecido o pasado setembro.
Trátase da exposición "As motocicletas na historia do Salnés", a máis potente desta asociación que leva máis de 15 anos promocionando a restauración e uso destes vehículos que, tanto significaron na nosa historia, xa que foi o medio de transporte máis utilizado durante moitos anos na zona, explicaron os seus responsables.
A mostra estará distribuída en catro grandes apartados: motos nacionais (Montesa, Bultaco, Ossa, etc.); estranxeiras (Ariel, BMW, BSA, NSU?); con sidecar (BMW, Jawa, Royal Einfield?); e Scooters (Vespa e Lambretta), bloque no que incluirán as "xoias" de Blanco. Ademais, haberá un pequeno apartado dedicado ás motos dos socios que participan no Campionato Galego de Velocidade nas modalidades Moto GP e Scooter.

Para completar a iniciativa, os membros do motoclub ofrecerán unha exposición de fotografías antigas relacionadas co mundo da moto, aportadas por socios e veciños da comarca e doutros lugares.





A cita arrincará o día 27 pero permanecerá ata o día 10 de febreiro con entrada gratuita. No entanto, admítense donativos que o club entregará posteriormente á asociación Esperanza Salnés de axuda a persoas con discapacidad psíquica e física, para dar continuidade ás súas actividades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.