TELÉFONOS DE INTERESE

7 de enero de 2013

MOBILIZACIÓNS DOS TRABALLADORES DE N.G.B.








Os sindicatos de Novagalicia Banco fixeron un chamamento ao conxunto dos traballadores da entidade para que acudan a manifestarse o próximo sábado, día 12, en Santiago. A marcha arrancará ás 12.00 horas da Alameda compostelana.

"É imprescindible asistir coa familia á manifestación; así mesmo, os sindicatos estamos traballando para conseguir o máximo apoio social a esta", explican as centrais nun comunicado conxunto.

De feito, segundo apuntan, "haberá autobuses dende os mesmos lugares que na convocatoria da asemblea". Así, animan a anotarse antes do mércores e explican que están a consultar prezos para habilitar transporte tamén dende o resto do Estado --fundamentalmente Asturias, León e Madrid--, que esperan poder pechar "canto antes".

No comunicado, os sindicatos critican a "actitude prepotente" que, segundo aseguran, mantiveron os directivos do banco durante a reunión do venres, preparatoria do novo expediente de regulación de emprego na entidade. "Mesmo os seus avogados externos fixeron bromas ao longo da reunión, cando o que pretenden é arruinar a vida de 2.508 familias," censuran, polo que cualifican estes feitos de "indignante".

DESPEDIR "DENTRO DUN MES"

Baixo o título 'Despedir, despedir, despedir e despedir ata o 2017', o texto relata o acontecido no encontro e fai fincapé na idea de que "a dirección se presentou co único obxectivo de cubrir un formalismo legal". "Non queren negociar", denuncian as organizacións sindicais.

Ao respecto, advirten de que a empresa "pretende iniciar xa a tramitación do ERE, en principio o 14 de xaneiro, para poder despedir dentro dun mes". Ante esta situación, recordan que decidiron a convocatoria dun paro parcial para ese día, de 12.00 a 12.30 horas, na primeira xornada dun calendario que irán facendo público "segundo evolucionen os acontecementos".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.