TELÉFONOS DE INTERESE

18 de enero de 2013

CONSUMO ALERTA E RETIRA 17 PRODUCTOS NON APTOS









Diversos xoguetes, disfraces infantís, aparellos eléctricos, unha cadeira de praia e unha peza infantil de vestir que poden atoparse en establecementos comerciais pontevedreses acaban de ser incluídos na Rede de Alerta de Produtos do Instituto Galego de Consumo tras unha campaña de inspeccións levada a cabo en toda a comunidade autónoma.
 Trátase de 17 artigos perigosos que foron retirados do mercado, inmobilizados ou vetados para a súa comercialización debido a que non cumpren as normativas de seguridade e a que presentan diversos riscos para a saúde das persoas.
A Oficina Provincial de Información ao Consumidor (OPIC) fíxose eco na súa páxina web da alerta e puxo a disposición dos consumidores a listaxe de produtos nocivos. No mesmo identifícase cada artigo cunha imaxe, nome, marca e modelo, así como unha exposición da categoría e unha descrición do risco.
O persoal da OPIC informa os consumidores de que as persoas que xa compren un destes produtos debe devolvelo no comercio no que o adquiriu presentando o ticket de compra a efectos de que lle devolvan o diñeiro do importe que pagaron por el. Pola súa banda, os establecementos que estean a comercializar algún deses produtos deben retiralos inmediatamente do mercado.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.