As
cofradías de Cambados, Portonovo e Sanxenxo acollerán esta semana, en
concreto o sábado 19 de xaneiro, a presentación do sistema de seguridade
S2S. As reunións serán ás 12 horas no pósito cambadés e ás 18 en
Portonovo.
O obxectivo desta iniciativa é que toda a flota galega faga huso deste sistema co que se incrementará a seguridade nas embarcacións. Os socios das cofradías poden beneficiarse de que o 60% do custo está subvencionado pola Xunta de Galicia e que un 20% apórtao Inditex.
Ademais, os que acudan a estas presentacións coñecerán outras medidas de carácter financeiro, promocional e compensatorio coa intención de que ninguén se quede sen esta medida de seguridade por razóns económicas. En definitiva, a intención é que desta forma aumente a seguridade, sen excepcións, da flota de baixura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.