A
borrasca que comezou a afectar a Galicia nas últimas horas, con ventos
fortes e choivas intensas, provocará que ao mediodía deste xoves
actívese a alerta amarela, que pasará a laranxa durante a próxima
madrugada, segundo as predicións de Meteogalicia.
Así, ás 12.00 horas deste xoves prevense precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas nas montañas de Lugo e de Ourense, así como no oeste e no suroeste da provincia da Coruña. Na provincia de Pontevedra, as choivas poderán acumular totais de entre 40 e 80 litros por metro cadrado.
Pola súa banda, tamén se prevén refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora nas zonas altas da Mariña, as montañas de Lugo e de Ourense, o interior de Pontevedra, así como no noroeste e o oeste da Coruña.
No litoral galego, haberá mar de vento forza sete con intervalos de forza 8 ao mediodía e a últimas horas e, a partir das 18.00 horas, hai previsión de mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros de altura.
Empeora o temporal
A situación meteorolóxica empeorará este venres, para cando se prevé que a borrasca situada ao oeste de Irlanda deixe ventos moi intensos e choivas fortes, sobre todo na primeira metade do día. Tamén se espera mar de fondo que chegará a superar os catro metros de altura e con tendencia a aumentar durante a xornada.
Nas primeiras horas da xornada do venres, ata mediodía, prevese que se rexistren acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado na provincia da Coruña e nas montañas de Lugo e Ourense, mentres que na provincia de Pontevedra poderán superar os 80 litros por metro cadrado.
En xeral, na Comunidade galega espéranse refachos máximos de vento superiores aos 70 ou 80 quilómetros por hora, pero poderán chegar a superar os 100 quilómetros por hora na Mariña e no noroeste e o oeste da Coruña.
No litoral, haberá ventos do suroeste ata de forza 8, mentres que o mar de fondo deixará ondas de ata seis metros nas últimas horas da xornada na costa coruñesa e nas Rías Baixas. A previsión na Mariña lucense é que o mar de fondo do noroeste deixe ondas de entre 4 e 5 metros de altura.

1 comentario:
Vendo ésto será mellor pasar o fin de semana na casa... de relax.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.