Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de diciembre de 2012

MULTA DE 100.000 EUROS PARA BENITO GONZÁLEZ





O fiscal pide unha multa de 100.000 euros para o presidente da Federación Galega de Confrarías, Benito González Sineiro, por un presunto delito de malversación de fondos. O que pretende a acusación pública con esta solicitude é asegurar a responsabilidade civil que poida xurdir da causa.
A querela presentada por Fiscalía foi admitida a trámite polo Xulgado número 1 de Santiago de Compostela, onde González Sineiro declarará en marzo do próximo ano. Ademais da asociaciación de mariscadoras Agamar, preséntanse como acusación particular trinta socios da Confraría de Cambados, segundo fontes próximas ao caso.

A investigación iniciouse por mor dunha denuncia de Afamar das contas da Federación e en base a varios exercicios nos que presuntamente se reflectiría a autopercepción do seu presidente de 103.737 euros en concepto de retribucións. Ademais, tamén se lle acusa de utilizar o coche público para fiens privados. O colectivo de mariscadores cre que a Consellería do Mar debería estar como acusación particular.



González Sineiro declarou sentirse perseguido e acosado e asegurou que os feitos denunciados son ?unha mentira máis de catro persoas que non representan a ninguén? e anunciou accións legais contra a asociación Agamar.

 
Tamén algúns traballadores da Confraría, mariñeiros, mariscadores-as, patróns séntense perseguidos polo patrón Maior e non poden facer nada, el polo menos pode defenderse nun Xulgado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.