Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de septiembre de 2012

O SINDICATO C.I.G. ARREMETE CONTRA O CONSELLEIRO E A XUNTA






“O engano, a mentira, a fraude, a demagoxia, o autoritarismo e o desprezo ao profesorado foron os sinais de identidade e de actuación do Conselleiro”, denuncian.
Este curso escolar evidenciou que as medidas adoptadas nos últimos anos foron demoledoras para o ensino público. Así o denunciou  a CIG-Ensino nunha rolda de prensa na que o seu Secretario Nacional, Anxo Louzao, afirmou que nunca o ensino público recibiu tantos e tan graves ataques e recortes, nunha Lexislatura que cualificou como “trienio negro”. “Asistimos ao desmantelamento permanente da educación como servizo público universal e á destrución de emprego e padecemos unha política educativa orientada á mercantilización e posta ao servizo da patronal da privada concertada. Esta aposta pola privada concertada faise cada día máis patente”, engadiu.

Publicado en ASOBLOG o 04/09/12

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.