Que bonito cando se inaugurou |
O xornal “A Voz de Galicia” edición Arousa publicaba onte un artigo firmado por Bea Costa sobre o estado de deterioro do Parque de Torrado. Quero dende aquí facer varias puntualizacións.
No primeiro párrafo fai alusión a que as desfeitas son provocadas por vándalos e a últimas horas da tarde. Non lle falta parte de razón, pero a maioria das desfeitas son obra de rapaces de menos de 10 ou 11 anos que campan polo parque sen a vixiancia dos seus pais ou titores, moitas veces presentes no parque e que non fan nada por impedilo. En varias ocasións dende este blog témolo denunciado. Polo tanto na maioría dos casos nin é a última hora, como dí Bea Costa, nin a aliada dos vándalos é a escuridade.
Do que a xornalista cambadesa se esquece e falar da pouca presenza da policía local no parque. Non vou pedir un policía as 24 horas do día, pero que pasen de vez en cando non estaría mal.
![]() |
POR SORTE XA ESTÁ ARRANXADO |
![]() |
Despilfarro de auga |
A arboreda e os xardíns están en mal estado, sen regar o suficiente e non é por aforrar auga pois menos nos xardíns, os operarios municipais botan auga por todos lados dia si e dia tamén.
O Parque cerra polas noites pero eso no é problema para os vándalos pois poden acceder fácilmente aínda que a Bea Costa lle pareza difícil.
Tamén di que o Concello recolocou a estatua de Fraga nunha zona pouco accesible. Gran erro, o valado pechado “baixo chave” non vai ser quen bote para atrás a nadie pois si cabe está, a estatua, máis protexida para os vándalos que a vista dos paseantes ou a vixiancia que poidera haber.
O artigo está ben, pero debería visitar o parque con máis frecuencia e preguntar a quen pasa alí unhas horas ao dia cos seus fillos ou netos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.