Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2012

UNHAS VACACIONS PODEN DEMORAR A SOLUCION PARA ALFAGEME





Unhas vacacións poderían atrasar ata finais de setembro ou principios de outrubro a solucion definitiva para ALFAGEME. A xuiz do XulgadoMercantil que leva o caso estará de vacacións ata 0 7 setembro. Polo tanto ata esa data non se abrirá o prazo.


para a presentación de ofertas máis os cinco días nos que o IGAPE terá para analizar esas ofertas.
Deste xeito a actividade nas fábricas de Vilaxoán e Sisán poderían comezar a traballar non antes de finais de ano. Pois os trámites máis reformas que houbera que facer dilatarían aínda máis todo o proceso.
Podería ser que o xuiz de garda iniciase o proceso , pero é algo difícil que así ocorra debido ao complexo da situación e porque a día de hoxenon hai constatación de que así sexa.

En principio o IGAPE xa remitiu toda a información e condicións que deben ter os interesados en facerse coas duas naves e màis a marca referencia da conserveira, MIAU.


As condicións que esixe a Xunta son: que a empresa que se faga cargo debe ter unha facturación mínima de 20 millóns de €uros, manter os 150 postos de traballo durante alo menos 5 anos e 100 nos 5 seguintes. Tamén deben ter 10 anos de experiencia no sector conserveiro e non vender os bens que reciba, a fín de evitar a especulación urbanítica. A Xunta quere defender os 33 millóns de €uros en avais, de non cumprircoas condicións a empresa adxudicataria deberá pagar 4,7 millóns, valor actual según tasación.

As Consellerías de Industria e Facenda farán un seguimento e control das actividades empresariais para garantir o cumprimento do contrato de compra.
Fai uns dias Rosa Abuín denunciaba que duas empresas interesadas en facerse con Alfageme están relacionadas cos anteriores propietarios, a familia Lago.
Despois de tanto tempo de espera moitos dos traballadores de Alfageme remataron o cobro de calquer prestación. A prestación por desemprego xa foi extinguida pola maioría e para cobrar outras prestacións a idade de moitas das traballadoras e un impedimento.
De todas maneiras os tres sindicato (CC.OO., UXT e CIGG confían nunha próxima solución ao coflicto despois destes anos de incertidume.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.