Protección Civil de Vilagarcía tivo a ben facer públicos os datos das intervencións feitas por eles durante a noite do 15 e mañán do 16 de agosto.
Total de traslados en ambulancia 34 entre as 22.00 horas que foi o 1º servizo (intoxicación etílica) e as 16.20(agresión).
Atenciones in sitú que non precisaron traslado pois foron atendidas y solucionadas no mesmo lugar: 18.
Entre as 6 e as 9 da mañán fixéronse o 50% dos traslados.
As zonas con máis demanda na primeira hora foron a praia, zona da estación e o ramal, posteriormente zona TIR e finalmente zona del Neptuno(pub). Atendéronse 12 cortes , 11 contusións/traumatismos, 5 intoxicacións etílicas, 3 otros, 2 fracturas, 1 difícilcutade respiratoria e 1 apuñalamiento.
A destacar pola gravidade o apuñalamiento as 00.17h en avd de la Marina -APP- varón de 21 anos de Vilanova atendido por ambulancia medicalizada e trasladado a Hospital do Salnés.
Persoas atendidas de : Puentedeume, Redondela, Illa de Arousa, Vilagarcia, Nigran, Santiago, Cambados, Porriño, Vigo , Ames, Vilanova de Arousa, Celanova, Pontevedra, Alemania, Zaragoza, Moaña, Coruña, Italia. Outro servicio grave foron dos precipitados na zona TIR que caeron dende a parte superior dos pubs ata o chan, o máis grave atendido pola ambulancia medicalizada do 061 e traslado ao Salnés, o de menos gravidade atendido por nos (Protección Civil).
Como vedes moitas incidencias e ben explicadas, nunhas poucas horas en Vilagarcía. Para cando un parte de incidencias tan polo miúdo de Protección Civil de Cambados? E non digo eu que non o fagan pero o detalle sería poder comparar o que di o Alcalde e o que realmente sucede. E que non veñan a decir que non pasa nada, pois todos temos ollos na cara e paseamos por Cambados durante a Festa do Albariño. Ogallá me equivocara nas miñas sospeitas pero os datos que dou o Alcalde de Cambados de 5 dias eran infinítamente inferiores a os de Vilagarcia en 18 horas.
Dende CORES DE CAMBADOS queremos agradecer e felicitar a todas as agrupacións de Protección Civil a sua labor.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.