Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
25 de agosto de 2012
BENEFICIOS DUN BOTELLON
O Concello quere aproveitar o tirón mediático da Vuelta Ciclista a España para promocionar os produtos máis representativos de Cambados, e vai poñer en marcha unha serie de iniciativas encamiñadas a este obxectivo emais a amosar o apoio do municipio á competición ciclista.
Un dos debuxos alegóricos que se poderá contemplar dende o ceo será o dunha botella de viño de case 30 metros de longo e 6 metros de ancho(ESO SI É UN BOTELLÓN) que se instalará sobre o lombo que se ergue a carón da torre de San Sadurniño. Este deseño incluirá un catavinos da denominación de orixe Rías Baixas.
Outro dos motivos deseñado sobre o chan será o logotipo da Vuelta a España o cal vaise instalar sobre unha explanada cun lema que versará sobre o apoio de Cambados a esta gran proba ciclista que está entre as máis importantes do mundo.
A terceira figura que poderán contemplar os espectadores por medio da retransmisión televisiva será a dunha bicicleta xigante modelada mediante boias que estará flotando sobre o mar, a altura dun dos paseos marítimos cambadeses.
PREGUNTA En Cambados so hai viño? Porque din os productos so se vai representar unha botella de viño ?
Concello, Cambados Zona Centro e Esperanza Salnés van da man na campaña que procura animar a toda a veciñanza a colaborar no concurso da Deputación para engalanar as vilas da provincia de Pontevedra por onde pasa a Vuelta a España.
Fins benéficos
Un obxectivo consiste en aproveitar a etapa contra o reloxio do 29 de agosto para promocionar os produtos e maila imaxe de Cambados a nivel nacional e internacional. Se con estas iniciativas se obtivese algún dos premios (4.000 ou 3.000 euros) doaríanse á asociación Esperanza Salnés para aliviar os seus problemas de financiamento.
PREGUNTA Cousa loable pero..... non era millor que lle diran os cartos directamente que “apostar” a ver si gañamos un premio?
Estase a traballar tamén na elaboración de maquetas, bandeirolas, flores, etc que permitan adornar o percorrido e contornos da etapa, que partirá da praza de Fefiñáns a partir das 12.30 horas do mediodía e percorre a rúa Real, rúa Príncipe, paseo da Calzada, praza do Concello, avenida de Vilariño, variante de Fefiñáns, A Modia, San Antón, Oubiña, Pontearnelas, Ribadumia, Meis, ata a chegada a Pontevedra (39,4 quilómetros).
A repercusión mediática desta retransmisión deportiva converte a etapa da Vuelta a España no evento deportivo e promocional máis importante da historia de Cambados. O propio Alberto Contador, un dos grandes favoritos da carreira, manifestou que a etapa cronometrada Cambados-Pontevedra pode resultar decisiva para gañar a ronda española. Esquécense do resto que dixo, pois por diante quedarán as etapas de montaña, moito máis decisivas, pola novidade dalgúns dos portos que se suben. Aragunde pode saber de piraguas pero de ciclismo pouquiño..pouquiño.
DUBIDAS
O problema de todo esto e que non se sabe de onde sairán os cartos para todo este despilfarro. Cecáis si Luis Aragunde explicara as cousas poderíamos entendelas, cousa moi difícil; pero como non sabemos nada todo temos que por en duda. Postos a promocionar debería falar con Benito González e facer unha vieira do tamaño da estatua de Fraga para promocionar o producto do mar pois o da terra ven que o promociona, algo que debería facer o Consello Regulador cos seus cartos, que os ten, e non o Concello cos cartos do povo. Que se promocione Cambados non me parece mal, pero o viño e cousa do Consello Regulador. Tamén pode ser que este devolvendo o favor que lle fixo o “sector” do viño co asunto da estatua de Fraga e como a Confraría so puxo unha carretilla desta volta non leva nada. ........Outra vez será Benito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.