O vindeiro mércores 29 de agosto millóns de espectadores verán nalgún momento as evolucións dos ciclistas participantes na “Vuelta a España” mirarán sobre todo a Contador, Valverde, Froome e a o resto dos principais favoritos. Pero os arousáns estaremos máis pendientes do ciclista de Bamio (Vilagarcía) Gustavo César Veloso sobre todo por ser da nosa terra e o único galego participante na carreira.
Gustavo César Veloso aínda que vilagarcián empezou a darlle a os pedales no Clube Ciclista Cambados e moitos de nos témolo visto entrenar polas carreteras da nosa bisbarra.
“Teño moitas esperanzas postas na contrarreloxo Cambados-Pontevedra” así lle dixo a Eladio Oubiña presidente do Clube Ciclista do Salnés, do que Gustavo e presidente de Honra, herdeiro do C.C. Cambados.
Na Armenteira contará co apoio tamén do BTT Vilagarcía, clube no que tivo licenza no 2011 tras o fiasco do equipo patrocinado pola Xunta e que aínda debe cartos a os seus corredores.
Dende aquí o noso ánimo para Gustavo César Veloso para que poida estar o máis arriba posible nas etapas que se disputan pola nosa terra, sobre todo e tamén como non, no resto da competición.
ANIMO GUSTAVO!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.