'Vagos
e vendidos’. Así definiu onte a CIG ós sindicatos Comisións Obreiras e
UXT por firmaren os convenios colectivos da conserva, do frío industrial
e do transporte de mercadorías por estrada. No primeiro dos sectores, o
novo convenio de 2011 a 2014 recolle subas salariais de 1,5 por cento o
primeiro ano e logo do 1,3 por cento, sen revisión e sen garantía de
que non haxa despidos, tal como indica a CIG. Este sindicato advirte
ademais que se flexibiliza a xornada laboral nun 7 por cento, cando a
reforma laboral fala dun 5 por cento.
Na
comarca do Salnés, este convenio da conserva afecta a uns dous mil
traballadores fixos e na de Pontevedra a uns 600. A CIG sinala que no
novo convenio, suscrito polas patronais Anfaco e Feicopesca, se
discrimina ás mulleres.
A
CIG presentou unha demanda ante a Audiencia Nacional por telos excluído
da negociación deste convenio, tendo en conta que son o sindicato máis
representativo en Galicia. O sindicato critica a Comisións e UXT por
deixalos de lado e á vez pedirlles unidade fronte á reforma laboral
impulsada polo Goberno central.
En
canto ó convenio do frío industrial, a CIG denuncia que recolle unha
suba salarial moi escasa e que non mellora nada o anterior. E no caso do
do transporte, sinala que recolle suba salarial dun 2% este ano e para
2013 dun 0,6%, que se revisará tendo en conta o IPC ou mesmo o prezo do
petróleo de Brent.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.