TELÉFONOS DE INTERESE

23 de julio de 2022

¿VOLVERA A SER A COFRADIA DE CAMBADOS UNHA CASA DE PUTAS?



Teño a fortuna ou a desgraza (segundo se vexa)   de coñecer ao actual patrón da cofradía de Cambados, Ruperto Costa ( Perto “Pisalleira” para aos mais  achegados) dende fai moito tempo, case 47 anos, cando, un dia de  1975 comezamos, xuntos,  o preescolar nunha pequena casa de Santo Tomé. 

De Perto “Pisalleira” podería falar “largo e tendido” e non me chegaría   adxectivos para definir a súa complexa, enrevesada e, cando menos, curiosa  personalidade: en Cambados hai poucas persoas  mais “jodonas” que o actual patrón maior, cun fino humor e unha retranca moi súas; pero, sendo xustos, tamén hai que recoñecerlle a Pisalleira algunha que outra virtude, da que destacaría unha que, nestes derradeiros anos, manifestouse mais, claramente, se cabe; en concreto, dita virtude consiste en que, cando “Pisallas” se “embarca” en algo, vai dar o cen  por cento ata  deixarse a pel se  considera que, polo que loita,  é xusto e paga a pena.

Non vou a contar aquí  a “casa de putas” que era a Cofradía de Cambados coa anterior corporación con historias que, agora,  poden resultar ata graciosas pero que, cando as contei no seu dia, reflexaban, ás claras,  en mans de quen estaba a representación das nobres mulleres e  homes que viven do mar en Cambados; historias para non durmir como que, o anterior patrón maior,  chegou a cobrar dietas por ir ao notario, cando o notario de Cambados atopase apenas a 50 metros do edificio da cofradía ou utilizar a tarxeta bancaria da institución  para churrascos e “gin tonics” a horas que custa crer que estiveran facendo algunha xestión propia do cargo; por non falar dunha anécdota que xa é mítica como foi a de atopar, nalgunha ocasión,  aparcado o coche da cofradía na recta da Goulla a horas nas que non están abertas, precisamente, as bibliotecas.          

Por todo isto,  no ano 2014, mais ou menos por estas datas, cando Ruperto Costa xunto a outra  xente moi valida como Carlos Martínez “Loro”, Paulo Rial “Pol”, Xosé Ramón Costa, Xosé Maria Vázquez,  Mary Resua ou Maria Xosé Cacabelos entre outra xente aceptaron o reto de sacar a flote a situación catastrófica na que se atopaba a cofradía, eu alegreime e así manifesteino daquela en “A ti meu Cambados” onde desexáballe sorte e  os meus mellores desexos a esta nova directiva porque, como  acabaría demostrando  o tempo, ían a necesitala. 

Non vou a liarme aquí con números e cifras pero soamente vou a dar un dato que é facilmente comprobable: cando a directiva de Ruperto Costa chegou á Cofradía, a mesma tiña un déficit, entre varios conceptos, entorno a medio millón de euros, mais ou menos;  pois ben,  nestes 8  anos a actual cofradía conseguiu reverter tan negativa situación  ata tal  punto que,  a Cofradía,  pechou o ano 2020 cun superávit próximo aos 60.000 euros. 

Si, o anterior dato, xa é destacable  en si ten mais mérito polos continuos paus nas rodas que, á nova directiva,  fóronlle metendo certos “elementos” comezando polo ex alcalde, actual portavoz do PP no concello e futuro cadáver político, Luís Aragunde. 

Que Luís Aragunde, politicamente falando, foi un verdadeiro miserable é algo que está fora de toda dúbida e senón que llo pregunten, entre outros,   á nai da anterior alcaldesa que estivo de baixa por depresión debido ao continuo  acoso mediático que someteu Luís Aragunde a Fátima Abal e, por extensión, á súa familia por un inmoble que, a xustiza,  acabou demostrando que non infrinxía absolutamente ningunha Lei.  

Cando a directiva de Ruperto Costa decidiu “prescindir” de 3 traballadores da lonxa polos motivos que todo o mundo sabe, pouco tardou o “bocazas” de Aragunde en saír “a palestra” para iniciar a súa particular campaña de acoso e derribo e  afirmar, sen ningún tipo de rubor, que ditos traballadores eran despedidos por motivos políticos ao ser próximos ao PP; polo visto  ditos traballadores eran, pouco menos, que uns santos e Ruperto Costa e os seus “secuaces”  o demo en persoa;  obviamente o tempo, os vídeos e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  acabaron poñendo a cada un no seu lugar e, demostrando, que, as  afirmacións do “bocachanclas” de Aragunde, eran outras das moitas tantas  veces que sacou a lingua a pasear, iso si,  sen pedirlle permiso á cabeza.   

A directiva en xeral e Ruperto Costa en particular sufriron uns ataques que, en ocasións, entraban no terreo persoal ao chegar a meterse con familiares que pouco o  nada tiñan que ver co cargo que desempeñaba pero que a Perto causáronlle moito, moitísimo  dano e que, dende logo, podo asegurarvos que, a eses malnacidos, non llo perdoará en toda a súa vida. 

Quizais algún ou algunha estee a preguntarse  a que ven todo o que os estou a contar, a razón é sinxela: en pouco mais de 2 meses haberá eleccións á Cofradía de Cambados e Ruperto Costa asegúrame, por activa e por pasiva, que ten decidido non presentarse á reelección  nin el nin ninguén da súa directiva   co que non deixa de ser unha  situación,  cando menos, preocupante porque toda a excelente labor e os logros acadados pola actual directiva corren o risco de que non sirvan de nada si,  a Cofradía,  volve a caer en mans de individuos que non veñen a servir ás mulleres e os homes do mar senón aos seus propios intereses como xa tivo acontecido en tempos pasados. 

Algún poderá acusarme de que non son obxectivo e que me deixo levar pola miña amizade co actual patrón maior pero asegúrovos que, nestes derradeiros 8 anos,  Perto Pisalleira traballou por e para a Cofradía de Cambados coma un verdadeiro cabrón, e diso sabe moito á súa familia e amigos; entendo que se atope realmente  “quemado”  pero do que non  teño a menor dúbida é que se deixou a alma pola xente de Cambados que vive do mar  e polo ben desa mesma xente  espero e desexo que, nesta ocasión,  non se cumpra aquel refraneiro que dicía: “Otros vendrán que bueno te harán”. 



UN SAUDO A TODAS E TODOS

 RICARDO DOMINGUEZ REY 


 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.