O Servizo Galego de Saúde confirmou na última xornada 101 novos positivos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés co que suben a 866 os casos activos.
Con datos das seis da tarde de onte venres, confírmase que este sábado hai 73 casos activos máis que o venres e déronse 28 altas médicas polo que o total é de 101 novos enfermos na xornada de onte.
Neste mesmo balance salientase que tamén aumentan os casos nos hospitais e este sábado hai 26 pacientes ingresados na área sanitaria, tres máis que o venres. E iso a pesar de que tamén se confirmou unha nova morte por coronavirus, un home de 75 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo e tiña patoloxías previas. Faleceu o xoves día 2 e eleva a 208 o total de vítimas mortais da pandemia na área sanitaria.
En canto aos hospitais, hai 3 pacientes na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, os mesmos que nas dúas xornadas anteriores, e 23 en planta de hospitalización, tres máis que o venres.
A práctica totalidade dos pacientes están en Montecelo, pois ademais dos que están en UCI hai 21 en planta. Ademais, hai dous no Hospital do Salnés.
Polo que respecta ao Salnés as cifras reflexan aumento de casos nas nove localidades.
Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días (datos do SERGAS):
Cambados 22
Illa de Arousa 13
Meaño -10
Meis -10
O Grove 45
Ribadumia 16
Sanxenxo 13
Vilagarcía de Arousa 104
Vilanova de Arousa 25
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.