Ata 154 novos contaxios por covid-19 nun só día. É a cifra máis alta dos últimos meses. A sexta onda da pandemia segue crecendo na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que roza xa os 800 casos activos. Hai, en concreto, 793 persoas infectadas. Son 126 máis que onte.
A incidencia da sexta onda de coronavirus segue en aumento na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e xa presenta síntomas preocupantes. Se este xoves houbo 667 casos activos, este venres son 793, 126 máis.
Así o indican os datos facilitados polas autoridades sanitarias, que tamén indican que a taxa de contaxio se dispara: nas últimas 24 horas detectáronse 154 positivos, fronte aos 92 do día anterior.
Pola súa banda, son 23 os hospitalizados, 1 menos, na área sanitaria. Deles, 3 están na Uci do Chup, mentres que o resto están en planta: 18 no Chup, 1 menos, e 2 no Hospital do Salnés.
Número de casos novos diagnosticados nos concellos do Salnés aos 14 días:
Cambados 21
Illa de Arousa 14
Meaño -10
Meis -10
O Grove 46
Ribadumia 16
Sanxenxo 14
Vilagarcía de Arousa 96
Vilanova de Arousa 27
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.