TELÉFONOS DE INTERESE

2 de diciembre de 2021

PARO NOVEMBRO: O SALNÉS MANTÉN O NÚMERO DE PARADOS DO MES ANTERIOR


O paro baixou en 1.298 persoas en novembro en Galicia, un 0,84% menos que a media

O total de desempregados na comunidade galega sitúase en 152.747, o que supón 34.725 menos que no mesmo mes de 2020.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) descendeu en 1.298 persoas en novembro en Galicia en relación ao mes anterior, o que supón un descenso do 0,84%, inferior á media, segundo os datos publicados. este xoves pola Consellería de Traballo e Economía Social.

Deste xeito, o total de desempregados na comunidade galega sitúase en 152.747, o que supón 34.725 menos que no mesmo mes de 2020. Neste caso, na comparativa interanual, a redución é do 18,52% en Galicia, superior á media. .

Mentres, no conxunto do Estado, a baixada do paro foi de 74.381 persoas en novembro (-2,3%), a súa mellor cifra deste mes na serie histórica comparable, que comeza en 1996.

Segundo os datos do Ministerio de Traballo feitos públicos este xoves na provincia de Pontevedra o paro baixou en 492 persoas o pasado mes de novembro.

Na provincia hai un total de 59.502 persoas rexistradas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Isto supón 12.057 persoas desempregadas menos que hai un ano.

No Salnéso paro mantén os números do mes pasado polas subas Sanxenxo, e Vilanova en gran parte e a Illa, e baixadas no resto de concellos como se ve no recadro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.