TELÉFONOS DE INTERESE

15 de noviembre de 2021

REANUDAN A BUSCA DO PESCADOR DESAPARECIDO EN O GROVE


Efectivos de Salvamento Marítimo, Protección Civil,  Gardacostas e Garda Civil renovaron á primeira hora deste luns as tarefas de procura dun veciño de Ribadumia desaparecido este domingo cando foi a pescar á zona do miradoiro de O Carreiro, no municipio do Grove (Pontevedra).

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, retomouse a procura por terra, mar e aire desde primeira hora, con presenza na zona do helicóptero ' Helimer 402', a embarcación 'Salvamar Sargadelos', mergulladores da base de Fene e efectivos de Protección Civil e Policía Local.

Desde onte mantese un dispositivo de procura dun pescador de cana desaparecido no miradoiro O Carreiro (O Grove). Hoxe buscarán por terra/mar/aire/ subacuática en función de condicións meteo en zona que serán limitantes. Espérase vento  NE forte/mar de fondo.

O home desaparecido é un veciño de Ribadumia que saíu da súa casa á primeira hora do domingo e, ao non regresar, a súa familia deu a voz de alarma e iniciouse a procura. O seu coche foi localizado na zona na que adoitaba ir pescar. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.