TELÉFONOS DE INTERESE

22 de noviembre de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: TAN SO MEIS ESTÁ LIBRE DE COVID


A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés arrinca a semana con 225 casos activos de covid-19. Son seis máis que un día antes, segundo os datos facilitados este luns polo Sergas e actualizados ata as 18.00 horas do domingo. En 24 horas confirmáronse 16 novos
contaxios mediante probas de detección, fronte aos 30 e 28 das xornadas precedentes. A presión hospitalaria mantense sen cambios, con seis pacientes ingresados polo virus, dos que cinco evolucionan en planta. Deles, catro están no Chup e un no Hospital do Salnés. Na Uci de Montecelo hai unha persoa. Desde o inicio da pandemia superaron o virus 21.350 persoas na área sanitaria, dez máis que un día antes, e faleceron con covid-19 diagnosticado 205. No Salnés tan so Meis está polo momento libre de casos da Covid-19. Desde os 20 casos de Vilagarcía a os cero de Meis. Cambados, A Illa, Meaño e Ribadumia teñen menos de 10 casos.
Casos nos concellos do Salnés:
Cambados -10 Illa de Arousa -10 Meaño -10 Meis 0 O Grove 20 Ribadumia -10 Sanxenxo 12 Vilagarcía de Arousa 19  
Vilanova de Arousa 10  


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.