A covid-19 non para de medrar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nesta sexta onda. Este martes volveron a confirmarse 78 novos casos activos da enfermidade.
Segundo o último balance oficial, con datos das seis da tarde do luns, hai 527 casos activos na área sanitaria, 71 máis que o día anterior, e, ademais, recibiron o alta sete pacientes.
Ademais de crecer os casos activos, tamén o fai a presión asistencial. Deses 527 novos casos, 509 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que se atopan nas súas vivendas en illamento e outros 18 están nos hospitais.
Estes 18 pacientes hospitalizados son tres máis que no último balance. En concreto, hai dous na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, os mesmos que o luns, pero hai 16 en planta de hospitalización, tres máis. Son 14 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.
Número de novos casos diagnosticados nos concellos do Salnés a 14 días:
Cambados 13
Illa de Arousa 11
Meaño -10
Meis -10
O Grove 47
Ribadumia 14
Sanxenxo 13
Vilagarcía de Arousa 68
Vilanova de Arousa 24
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.