TELÉFONOS DE INTERESE

26 de noviembre de 2021

EVACUADA UNHA FAMILIA AFECTADA POR INTOXICACIÓN POR MONÓXIDO DE CARBONO


Catro persoas resultan afectadas por unha intoxicación por monóxido de carbono nun domicilio de Vilagarcía.

Catro persoas dunha mesma familia resultaron afectadas debido a unha intoxicación por monóxido de carbono, nun domicilio da localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa.

Foi unha das propias persoas afectadas quen chamou ao 112 Galicia, ao fío das 08:30 horas, para solicitar asistencia sanitaria para a súa filla, por atoparse esta mal. Logo de recibir esta información, os operadores do 112 tiveron a confirmación do persoal do 061 de que se trataba dunha intoxicación por monóxido, nunha vivenda da Avenida do Pazo, en Rubiáns.

Deste xeito, desde o CIAE-112 Galicia mobilizouse para o lugar aos Bombeiros de Vilagarcía, á Policía Local, aos membros de Protección Civil do concello e á empresa suministradora do gas.

Finalmente, a dotación dos Bombeiros comunicoulle ao 112 que se trataba dun posible problema no queimador da caldeira da calefacción e na cheminea da mesma, onde se fixeron as comprobacións e medicións correspondentes xunto coas tarefas de ventilación da zona. Pola súa parte, o persoal sanitario confirmou o traslado dos dous fillos da familia, un deles (unha moza, máis grave) ao Hospital Montecelo e outro ao Hospital do Salnés.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.