TELÉFONOS DE INTERESE

16 de noviembre de 2021

A ASOCIACIÓN O BATUQUEIRO DE VILARIÑO RENOVA A SUA SEDE


A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de impulsar a reforma do local social da Asociación de Veciños O Batuqueiro de Vilariño, no Concello de Cambados, e a dotación de equipamento para este recinto ao abeiro da orde de axudas do Plan de Acción Comunitaria.

Con motivo do remate destas actuacións, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, achegouse ata esta sede social, emprazada no lugar do Pardiño, para supervisar as melloras financiadas pola Dirección Xeral de Administración Local cunha achega de 17.000 euros.
“A orde de axudas para os colectivos veciñais impulsada pola Xunta é fundamental, xa que favorece a dinamización social de moitos barrios ou zonas rurais e axuda moito a aquelas entidades con máis inquedanzas e actividade, pero que non dispoñen de moitos fondos para acometer proxectos ambiciosos, como é o caso do Batuqueiro, que leva dous anos consecutivos recibindo estas axudas e que os está a aproveitar no beneficio de toda a parroquia de Vilariño”, explicou o representante autonómico.
A entidade cambadesa presentou o proxecto “Conecta con Vilariño” para conseguir un espazo axeitado para o desenvolvemento das súas actividades culturais, formativas e lúdicas, a mellora da calidade de vida da veciñanza e o estímulo do asociacionismo e as relacións sociais da parroquia.
Así, grazas a esta achega a Xunta, puido reformar e modernizar o seu local social, emprazado no anexo da antiga escola unitaria de Vilariño, que foi construído hai medio século e levaba vinte anos en desuso, polo que non estaba en boas condicións para a súa utilización. Con esta axuda, acometeuse o seu acondicionamento completo, suprimíronse as barreiras arquitectónicas, corrixíronse as humidades, dotouse de cuarto de baño e colocáronse as fiestras, que estaban tapiadas.

Así mesmo, a asociación puido adquirir o equipamento necesario para as súas actividades, como armarios, mesas, cadeiras, estores, estanterías, televisión e ordenador portátil, o que permite a realización, por parte dos socios, de manualidades, motricidade, obradoiros de memoria, pilates, ximnasia de mantemento, baile de salón, cursos de formación, proxección de películas e reunións sociais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.