Os 327 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a peor cifra do últimos tres días pero isto non é alarmante, pois luns e martes coñecemos os datos procedentes da fin de semana, cando se fan menos probas. De feito, as cifras de hoxe contribúen a importantes baixadas de todos os índices. Galicia baixa dos 8.000 casos activos por vez primeira desde mediados de xullo e xa non queda ningunha área activa con máis de 2.000 casos activos. A incidencia acumulada semanal baixa ata 102 positivos por cada 100.000 habitantes á semana. Encadeamos un mes e tres días de caídas seguidas e o valor actual é o máis baixa desde o 9 de xullo. A incidencia acumulada a 14 días dá un importante baixón de máis dez puntos nun día, pasa de 260,6 a 250,4. É dúas veces e media menos que a que soportamos no pico de finais de xullo. O dobre da incidencia semanal (204 ) é menor que a incidencia bisemanal (250). Isto confírmanos que a pandemia está a perder terreo. A que velocidade? Como a razón de taxas é 0,82, sabemos que na última semana houbo un 18% de contaxiados menos que na penúltima. Un ritmo de mellora que é o mellor desde que superamos o pico desta quinta onda. A taxa de positividade onte foi do 5,75 das PCR. É un número que reafirma o optimismo, pois hai que remontarse ao 4 de xullo, cando estaba a despegar esta onda, para atopar un mellor. SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS A boa cifra de hoxe permite á media móbil semanal da taxa de positividade caer ata o 5,7%. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, isto sitúanos por segundo día consecutivo en risco medio, no referido na escala deste indicador. A incidencia semanal, 102, aínda está en risco alto, mentres que a bisemanal aínda anda en risco extremo. Con todo, o impulso na baixada dos últimos días confire esperanzas de que Galicia alcance o risco medio, para o que debe baixar de 75 en incidencia semanal, antes do inicio de curso. EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS O total de infectados descende hoxe un 2,6% .A media semanal, o indicador máis relevante, consegue recuperar terreo, aínda que sexa minimamente, pasando do -3.15% ao 3,16%. Canto máis tarde a curva da derivada de casos activos en achegase a cero, algo que sucederá inevitablemente ao acabarse a pandemia ou ao empezar outra onda, mellor, pois significará que o ritmo de descenso segue sendo veloz.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
1 de septiembre de 2021
CORONAVIRUS GALICIA: MALOS NÚMEROS HOXE, PERO NON ALARMANTES

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.