TELÉFONOS DE INTERESE

1 de septiembre de 2021

ASÍ SERÁ DESDE O SÁBADO 4 O MAPA DE GALICIA DE MOBILIDADE, HOSTALERÍA E RESTRICIÓNS


Así será desde o sábado 4 o mapa de Galicia de mobilidade, hostalería e restricións

Os cambios entran en vigor na medianoite do venres 3 ao sábado 4 de setembro A Xunta de Galicia anunciou a nova lista de municipios e niveis de restricións que entrará en vigor na medianoite do venres 3 ao sábado 4 de setembro. Estarán en máximo tres municipios (Ordes, Monforte e Melide), pero a boa noticia é que tres cidades galegas logran abandonar o nivel medio de restricións. Trátase de Santiago, Pontevedra e Vigo. Estes son os principais cambios: Estarán en nivel máximo Melide, Monforte e Ordes. Estarán en nivel alto: Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza. Estarán en nivel medio: A Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, #Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán. O resto de municipios galegos están en nivel medio-baixo Os niveis de restricións Primeiro nivel: risco máximo Neste nivel atópanse aqueles municipios que superen os 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días. A partir do sábado 4 de setembro estarán Melide, Monforte e Ordes. Estes municipios manterán as medidas actuais: Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Lecer nocturno pechado. Aforo da hostalería: 0% en interior e un 50% en terraza. Reunións de ata 10 persoas non conviventes en exterior e seis en interior, ou máximo de dous grupos de non conviventes. Reunións de non conviventes prohibidas entre as 01:00 e as 06:00. Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.

Segundo nivel: alto A partir do sábado 4 de setembro estarán os municipios de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza. Normas Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Lecer nocturno pechado. Aforo da hostalería: 30% en interior e un 75% en terraza. Reunións de ata 10 persoas non conviventes en exterior e seis en interior, ou máximo de dous grupos de non conviventes. Reunións de non conviventes prohibidas entre as 01:00 e as 06:00. Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.
Terceiro nivel: medio Nos que estean por baixo dos 250 casos por 100.000 habitantes e por encima de 150, atópanse estes municipios de Galicia desde o sábado 4 de setembro: A Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán. Normas Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Horarios lecer nocturno: Ata 03:00 horas. Aforo da hostalería: 50% en interior e un 100% en terraza. Reunións de ata 10 persoas non conviventes en exterior e seis en interior, ou máximo de dous grupos de non conviventes. Reunións de non conviventes prohibidas entre as 03:00 e as 06:00. Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.
Cuarto nivel: medio-baixo Todos os concellos de Galicia por baixo de 150. Horarios hostalería: Ata 01:00 horas. Horarios lecer nocturno: Ata 03:00 horas. Aforo da hostalería: Un 75% en interior e un 100% en terraza Reunións de ata 10 persoas non conviventes en exterior e seis en interior, ou máximo de dous grupos de non conviventes. Reunións de non conviventes prohibidas entre as 03:00 e as 06:00. Ábrense instalacións deportivas como ximnasios e piscinas: poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non conviventes, pero sempre con máscara.


O NOVO PROTOCOLO PARA A HOSTALERÍA EN GALICIA TERÁ QUE ESPERAR UNHA SEMANA MÁIS

Xunta e sector seguirán mantendo reunións esta semana co obxectivo de alcanzar un consenso sobre o documento que establecerá as novas normas dos locais.


O acordo sobre o novo protocolo para a hostalería en Galicia terá que esperar unha semana máis. Finalmente, no comité clínico celebrado este martes non se deu o visto e prace ao documento que establecerán as novas normas para os locais de hostalería na comunidade, que terán que cumprir coas restricións segundo o nivel de contagios do municipio no que se atope.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou sobre os asuntos tratados na reunión dos expertos que asesoran á Xunta na xestión da pandemia. O comité avaliou o protocolo para sector da hostalería, sobre o que aínda non hai un consenso entre Xunta e sector da hostalería. A previsión era que o documento fose aprobado nesta reunión, con todo haberá que esperar ata a reunión da próxima semana, cando- asegura Comesaña- espérase "poder pechar" este acordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.