TELÉFONOS DE INTERESE

24 de agosto de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: REXISTRA UN MÍNIMO DE CONTAXIOS DESDE O PICO DA 5 ONDA


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 26 contaxiados novos e baixan a 884 os casos activos A área sanitaria pontevedresa rexistra un mínimo de
contaxios desde o pico da quinta onda A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa restando rapidamente casos activos e hoxe só rexistra 26 contaxios, a menor cifra desde o pico da quinta onda. Os hospitalizados baixan de 20 tras máis dun mes por encima desa cifra. Nas últimas 24 horas producíronse 26 contaxios novos, 2 falecementos e 85 altas, o que fai que descendan en 61 persoas os casos activos, pasando de 945 a 884. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés Cambados 22 160 Illa de Arousa 10 203 Meaño 3 57 Meis 12 250 O Grove 22 207 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 56 323 Vilagarcía de Arousa 67 179 Vilanova de Arousa 13 126 Segue baixando a incidencia en Pontevedra cidade e en xeral en todo a área sanitaria, con excepcións. A Lama continúa sendo o único concello por encima de 500 de incidencia. O número de pacientes hospitalizados baixa de 23 a 18 persoas, distribuídas en 15 pacientes no CHU de Pontevedra (11 en planta e 4 na UCI), 2 en planta no Hospital Público do Salnés e 1 no Quirónsalud Miguel Domínguez.  

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 20.986 casos de coronavirus, con 197 falecementos, 19.905 altas e 884 casos activos nestes momentos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.