TELÉFONOS DE INTERESE

22 de agosto de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: BAIXADA SIGNIFICATIVA DE CASOS EN CAMBADOS


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 32 novos infectados e baixan a 1.003 os casos activos

A área sanitaria pontevedresa continúa descendendo en casos activos A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa mellorando a súa situación e restando casos activos de coronavirus. Os 32 casos de hoxe son case unha terceira parte dos 90 do domingo pasado. Nas últimas 24 horas producíronse 32 contaxios novos, 1 falecemento e 133 altas, o que fai que descendan en 102 persoas os casos activos, pasando de 1.105 a 1.003. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 27 196 Illa de Arousa 10 203
Meaño 11 209
Meis 15 313 O Grove 33 310 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 57 329 Vilagarcía de Arousa 78 208 Vilanova de Arousa 13 126 Volve baixar a incidencia en Pontevedra cidade e nos seus municipios próximos, e en xeral en case todos a da área sanitaria. Destaca Cambados que baixa 100 puntos a incidencia a 14 días, ao baixar de 40 a 27 os enfermos activos. O número de pacientes hospitalizados baixa de 26 a 24 persoas, distribuídas en 19 pacientes no CHU de Pontevedra (15 en planta e 4 na UCI), 3 en planta no Hospital Público do Salnés e 2 no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 20.915 casos de coronavirus, con 195 falecementos, 19.717 altas e 1.003 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.