TELÉFONOS DE INTERESE

1 de junio de 2021

TODO O SALNÉS EN NIVEL MÍNIMO DE RESTRICIÓNS


Restricións Covid-19: Só Mos e A Pobra do Caramiñal permanecen con peche perimetral Lobios abandona o nivel máximo, Ordes e Viveiro quedan no alto e Oroso e Cenlle empeoran a súa situación ao pasar do medio baixo ao medio desde o sábado ás 00:00 horas O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia por coronavirus reuniuse este martes para analizar a situación epidemiolóxica na comunidade e en cada un dos seus concellos. Os expertos acordaron manter o nivel máximo de restricións en dous municipios: Mos e A Pobra do Caramiñal. Isto supón que ambos permanecerán con peche perimetral e sen hostalería tras subir a este nivel o pasado sábado. As reunións, ademais, continuarán estando limitadas a persoas conviventes, situación que cambiará desde as 00:00 horas do sábado 5 de xuño en Lobios, que pasa do nivel máximo ao medio. A Consellería de
Sanidade tamén anunciou cambios no nivel alto, onde as terrazas dos locais poden abrir cun 50% do aforo mentres que o interior debe estar pechado. Os municipios de Ordes e Viveiro manteranse neste nivel, de onde saen Ribeira, Moraña e Ponte Caldelas. Ponteareas, O Barco de Valdeorras, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba, Monforte de Lemos, Cenlle, Lobios, Ribeira, Moraña estarán en nivel medio de restricións desde o sábado, polo que a súa hostalería poderá abrir cun 30% en interior e un 50% en terraza. Isto supón un cambio para Oroso e Cenlle, que soben de nivel, e para Lobios, Ribeira e Moraña, que baixan desde o sábado. O resto dos municipios galegos estarán en nivel medio baixo, ao que se incorporan tras mellorar a súa situación epidemiolóxica Cervo, Cee, Cambados, Bueu, Moaña e Rianxo. Os establecementos situados en concellos con este nivel de restricións poden ocupar ata un 75% do seu aforo en terrazas e un 50% no interior.

Todos os municipios galegos, excepto Mos e A Pobra do Caramiñal, teñen permitida a mobilidade entre eles e carecen de toque de queda. Outras medidas aplicadas nos concellos de Galicia que non están en nivel máximo son a limitación de reunións con non conviventes a dez persoas no exterior e a seis no interior excepto de 01:00 a 06:00 horas. Estas restricións estarán vixentes ata o 12 de xuño, cando está previsto realizar a proba piloto do lecer nocturno, tras recibir o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.