TELÉFONOS DE INTERESE

8 de junio de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: XORNADA SEN GRANDES CAMBIOS


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 6 contaxios novos e mantéñense en 193 os casos activos

A situación na área sanitaria pontevedresa mantense igual que onte e segue mellor que a semana pasada. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense igual que onte ao sumar os mesmos contaxios que altas, e segue nunha boa situación en comparación coa semana pasada. Nas últimas 24 horas producíronse 6 contaxios novos e 6 altas, o que fai que se manteñan os casos activos en 193 persoas. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días en municipios do Salnés:
Cambados 3 22 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 0 0 Ribadumia 3 59 Sanxenxo 3 17 Vilagarcía de Arousa 18 48 Vilanova de Arousa 3 29 Continúa baixando a incidencia en Pontevedra e mantense á baixa en todo a área sanitaria, menos Soutomaior, onde segue relativamente alta. Cambados baixa a 6 enfermos activos tras tres días sen sufrir alteracións. O número de pacientes hospitalizados mantense en 15 persoas, distribuídas en 13 pacientes no CHU de Pontevedra (12 en planta e 1 na UCI), 2 no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.333 casos de coronavirus, con 181 falecementos, 13.959 altas e 193 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.