Cambados viviu este xoves un día histórico e cheo de intensas emocións porque despóis de moitos anos de traballos, trámites e xestións, o Museo Ramón Cabanillas é por fin realidade. O Concello de Cambados inaugurou o Museo adicado ao seu poeta mais ilustre, coincidindo coa data na que se conmemora o 145 aniversario do nacemento do escritor. Culmínase así un proceso que se iniciaba no ano 2009 co traballo dos diferentes gobernos municipais, que divulgará o legado de Ramón Cabanillas, doado pola familia e por diferentes institucións, como a Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra ou a Biblioteca Penzol. Na cerimonia inaugural estiveron presentes as #familias vinculadas a Cabanillas, a súa neta Pitusa Vidal, a a alcaldesa, Fatima Abal, o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, voceiros e membros dos grupos da corporación municipal, así como da Real Academia Galega, representada en Francisco Fernández Rei, e da Deputación de Pontevedra, coa presencia da deputada Noemí Outeda. Pero ademáis, na memoria de todos sobrevoaba a lembranza de Luis Rei, o investigador grovense falecido hai seis anos, biógrafo da vida e obra de Cabanillas e un dos principais impulsores do proxecto de musealización. A el adicáballe as primeiras palabras Pitusa Cabanillas, asegurando que xunto con Francisco Fernández Rei foron “os pilares onde eu me acheguei para chegar ata aquí”. “Gracias a toda aquela xente que me fixo comprender que Ramón Cabanillas era algo máis do que eu creín”, sinalaba. As súas lembranzas foron reiteradas polo catedrático cambadés e numerario da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei para quen hoxe é “un día de alegría para o profesorado que nos centros educativos de Cambados leva anos estudando e espallando a vida e obra do poeta entre o seu alumnado, para os artistas cambadeses que durante este tempo continuaron pintando, esculpindo ou tallando a súa figura, para cantautores e músicos que levan interpretando poemas seus dende hai ben anos, para amantes do cinema que fixeron documentais sobre poemas seus ou para os libreiros que crearon o premio Ramón Cabanillas”, A maiores das doazóns, o equipamento cultural foi financiado polo goberno municipal a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cuha achega de 50.000 euros, unha colaboración que para a deputada Noemí Outeda supón unha honra A deputada amosou a súa emoción por poder seguir a pegada de Cabanillas a través deste museo, que desde hoxe “é visita obrigada do Salnés”. Situado no segundo andar do edificio de Exposalnés e a carón da oficina de Turismo, “reforza o seu carácter a medio camiño entre a cultura e o turismo”, indicou. Pero ademáis, a apertura do Museo Ramón Cabanillas é símbolo de unión e convivencia, tal como destacaba con emocionadas palabras o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal, que remataba adicando esta inauguración en recoñecemento de Luis Rei. “Se hai algo que nos une a todas as formacións políticas, independentemente das nosas cores, das nosas ideoloxías, se hai alguén que nos une é Ramón Cabanillas, o cambadés máis ilustre, porque hoxe é un día dunha intensa emoción, non só para mín se non que, creo, para todos e todas as que estades aquí e sen dúbida para todo Cambados. Cabanillas une, ademáis, a todos os galegos e galegas. É unha das figuras máis relevantes da nosa historia e debemos sentirnos orgullosos de que el fose cambadés e que hoxe entre todos e todas, grazas a un esforzo común, colectivo, podemos ver feito a realidade dun soño de Luis Rei. Por eso a el sen dúbida quero dedicarlle este día e esta inauguración” Posterormente, con motivo da apertura do Museo, o deseñador do proxecto, Pepe Barro, dirixiu unha dobre sesión de visitas, que se repetirán mañá venres das 18.00 as 20.00 horas. O espazo, que ten un importante compoñente tecnolóxico, está presidido pola mesa de traballo na que escribía o poeta, xunto cos seus anteollos. Nel se recollen as primeiras edicións das súas obras, fotos persoais, retratos, un vídeo-resumo da súa vida e a peza audiovisual “Xente de Cabanillas” na que a veciñanza recita os seus poemas. Ademais, quen se achegue a coñecer máis polo miúdo a Cabanillas, poderá observar unha medalla histórica doada pola Real Academia Galega e tres elementos cedidos polo Museo de Pontevedra: a máscara mortuoria orixinal do seu enterro, o molde da súa man e a coroa de loureiro coa que foi homenaxeado en Padrón en 1958. Como colofón aos actos, mañá terá lugar a entrega do XVII premio Ramón Cabanillas, que este ano recae no primeiro alcalde da democracia en Cambados e gran coñecedor da vida de Cabanillas, Xoán Antonio Pillado Silvoso.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
3 de junio de 2021
DÍA HISTÓRICO PARA CAMBADOS

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.