TELÉFONOS DE INTERESE

19 de junio de 2021

CATRO PERSOAS FERIDAS NUN ACCIDENTE EN VILAGARCÍA


Catro persoas tiveron que ser evacuadas en ambulancia tras saírse da vía o coche no que viaxaban e chocarse contra un muro en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En principio, segundo informa o 112 Galicia, non parecían revestir gravidade.

Ocorreu pasados cinco minutos da medianoite. Sobre esa hora, a Policía Local chamou á central de emerxencias do 112 para informar deste sinistro ocorrido na rúa Marmelo, na zona de Arealonga. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, os bombeiros de Vilagarcía e os efectivos do Servizo de Emerxencias Municipal. Unha vez alí, os bombeiros indicaron que se trataba dun choque dun vehículo con catro ocupantes no seu interior contra un muro. As persoas afectadas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital do Salnés. Ademais, por seguridade, houbo que demoler o muro para evitar posibles desprendementos, xa que resultara bastante danado a raíz do impacto. Así, a zona quedou balizada pola Policía Local.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.