TELÉFONOS DE INTERESE

29 de mayo de 2021

PONTEVEDRA-SALNÉS: TODOS OS CONCELLOS DO SALNÉS MELLORAN


Coronavirus Pontevedra-Salnés: 21 contaxios novos e baixan a 290 os casos activos A área pontevedresa está 81 casos activos por baixo do sábado pasado. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue rexistrando máis ou menos os mesmos infectados que a semana pasada, sumando de luns a sábado un total de 104, xusto a mesma cifra que sete días atrás. A cidade de Pontevedra segue complicando aos poucos a súa situación e é a única de Galicia por encima de 100 de incidencia. Nas últimas 24 horas producíronse 21 contaxios novos, 1 falecemento ( unha muller de 94 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra) e 21 altas, o que fai que descendan en 1 os casos activos, de 291 a 290 persoas. Incidencia: Casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días nos concellos do Salnés: Cambados 11 80 Illa de Arousa 3 61 Meaño 3 57 Meis 3 63 O Grove 3 28 Ribadumia 0 0 Sanxenxo 3 17 Vilagarcía de Arousa 24 64 Vilanova de Arousa 3 29 Sobe a incidencia en Pontevedra cidade e é nestes momentos a única de Galicia por encima de 100 de incidencia. No resto da área sanitaria a situación é cada vez mellor. Cambados volve descender de forma notoria e sitúase en 19 casos tras a baixada de 8 enfermos activos. O número de pacientes hospitalizados baixa de 13 a 12 persoas, distribuídas en 12 pacientes no CHU de Pontevedra (8 en planta e 4 na UCI), ningunha no Hospital Público do Salnés e ningún no Quirónsalud Miguel Domínguez. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 14.248 casos de coronavirus, con 179 falecementos, 13.779 altas e 290 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.