O nivel de casos activos nas aulas é similar ao de mediados de outubro e esta semana mantivo unha lixeirísima tendencia á baixa O IES de Mos que acumula 33 infeccións activas e o CPR Plurilingüe Fillas de Jesús da Coruña con 20 son os máis afectados, pero os seus brotes non crecen hoxe. Os casos activos de Covid-19 en centros educativos en Galicia mantéñense en descenso e redúcense a 523, un menos que o día anterior, e as aulas non operativas caen a 21 --tres menos--, mentres que segue unha escola infantil pechada --na localidade coruñesa de San Sadurniño--. Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Educación e Sanidade, sinálase que a escola infantil da Rolada de San Sadurniño segue pechada por un positivo. DATOS POR ÁREAS DO SERGAS Por áreas sanitarias, os casos activos en centros educativos descenden nas da Coruña (-8) e Vigo (-2), mentres que aumentan nas de Pontevedra (+5), Lugo (+3) e Santiago (+1), e mantéñense nas de Ferrol e Ourense. Á cabeza en infeccións activas continúa a área de Vigo con 185 --dúas menos-- e 14 aulas inoperativas --unha menos--. E segue co centro con máis positivos de toda Galicia; o IES de Mos que acumula 33 infeccións activas --sen cambios-- e catro aulas pechadas. Pola súa banda, o IES Rosais 2 de Vigo mantense con 11 casos. Séguelle a da Coruña con 99 contaxios --oito menos-- e tres aulas pechadas --sen cambios--. Destaca o CPR Plurilingüe Fillas de Jesús con 20 casos activos --un menos--. A continuación séguelle a de Pontevedra con 65 casos activos --cinco máis-- e unha aula pechada --dúas menos--. Esta clase inoperativa sitúase no CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa por cinco positivos. A de Lugo colócase con 63 infeccións activas --tres máis--, co CEIP de Celeiro como centro con máis casos, oito --sen cambio--. E segue por terceira xornada consecutiva sen aulas inoperativas. Mentres, a de Santiago concentra 62 contaxios --uno máis-- e tres aulas pechadas --sen cambios--. O centro con máis positivos é o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia, que segue con catro. Con menos casos activos seguen as áreas de Ourense e Ferrol. A primeira mantense con 34 positivos e sen aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus. Cinco dos positivos corresponden ao CPR Plurilingüe San José. Finalmente a área de Ferrol concentra 15 positivos --sen cambios-- distribuídos nunha decena de centros e segue sen aulas inoperativas. Pola súa banda, mantén pechada a escola infantil A Rolada de San Sadurniño por un positivo. A lista de todos os casos activos de coronavirus en centros educativos non universitarios do Salnés remitida pola Xunta é a seguinte:
CAMBADOS CEIP de Corvillón 1
CAMBADOS CEIP San Tomé 1
CAMBADOS CMUS Elemental de C. 1
O GROVE CEIP P. de Conmeniño 1
SANXENXO CEIP de Portonovo 1
VILAGARCÍA DE AROUSA CEIP Arealonga 5
VILAGARCÍA DE AROUSA CPR Sagrada Familia 2
VILAGARCÍA DE AROUSA CPR P San Francisco 1
VILAGARCÍA DE AROUSA IES A Cotarelo Valledor 2
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Castro Alobre 1
VILAGARCÍA DE AROUSA IES Fermín Bouza Brey 1
VILANOVA DE AROUSA CEIP de San Roque 1
VILANOVA DE AROUSA CEIP P de San Bartolomé 1
VILANOVA DE AROUSA CEIP Pm Xulio Camba 1

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.