Covid-19: A alerta máxima de Galicia durará do 27 de xaneiro ao 17 de febreiroAs novas restricións anunciadas hoxe por Feijóo entrarán en vigor a madrugada de mañá, martes 26, ao mércores 27 de xaneiro.
Toda Galicia estará en nivel máximo de alerta pola pandemia do mércores 27 de xaneiro ao próximo 17 de febreiro e as novas restricións entrarán en vigor a madrugada deste martes 26 ao mércores 27. Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este mediodía durante a súa comparecencia na que detallou as normas polas que se rexerá a comunidade a partir de agora.
Reunións limitadas a conviventes, mobilidade reducida aos propios concellos, peche total da hostalería (con excepción do servizo a domicilio e as comidas para levar), peche dos comercios ás 18:00 horas (só os esenciais abrirán ata as 21:30) e dos centros comerciais as fins de semana, ademais dos ximnasios (só deporte individual ao aire libre e con máscara) e centros de día para xubilados e similares. Pola súa banda, o toque de queda a pesar das reticencias da Xunta que insiste na o Goberno en adiantalo ás 20:00, a hora máxima permitida para estar na rúa mantense nas 22:00.
Estas decisións "difíciles de tomar", segundo o presidente autonómico, estarán vixentes durante tres semanas, ata o mércores 17 de febreiro, coa meta de que esta redución de contactos sociais e actividades axuden a diminuír o número de casos activos de coronavirus, os contaxios e a presión hospitalaria. Algo especialmente importante a día de hoxe, momentos nos que fontes da Xunta recoñeceron que "as autoridades sanitarias aínda non divisan o pico da terceira onda" á vez que asumen que a presión nos hospitais galegos superará a alcanzada a pasada primavera durante a primeira onda do coronavirus.
Ademais, actualmente o número de hospitalizados na comunidade superou este luns o máximo desde o inicio da pandemia alcanzando os 1.154 hospitalizados, mentres os casos activos continúan aumentando e xa son 19.768, ao bordo dos 20.000 e preto de duplicar o máximo da segunda onda. Aínda con este contexto, hai razóns para a esperanza porque por segundo día consecutivo descenden os novos diagnósticos de coronavirus en Galicia, con 1.402 casos procedentes das ao redor de 12.000 probas PCR realizadas o sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.