TELÉFONOS DE INTERESE

24 de noviembre de 2020

SEGUEN BAIXANDO OS ENFERMOS EN GALICIA


Coronavirus Galicia: 345
contaxios novos e baixan a 8.617 os casos activos Galicia segue baixando en casos activos e hospitalizados, cunha notable mellora nas áreas da Coruña e Vigo. Continúa baixo o número de contaxios novos de coronavirus en Galicia, aínda que os datos de hoxe proceden dunha cantidade de probas PCR moi inferior ás do martes pasado. Non se sabe se xa se están tendo en conta tests de antíxenos nos datos de hoxe ou non, pero a Xunta de Galicia aínda non inclúe estas probas na súa web de información. Os 345 casos novos de hoxe son máis que os 328 de onte, pero inferiores aos 409 que se rexistraron o martes da semana pasada. Estes 345 contaxios supoñen o 7,72% de positivos de 4.468 probas realizadas, mentres que os 409 do martes pasado eran o 5,93% de positivos de 6.897 tests. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 327 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (49.834) e o de onte (49.489) é de 345 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria calcúlanse co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 345 novos casos de SARS- CoV-2, 15 falecementos e 382 altas, o que fai que baixen en 52 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 8.669 de onte aos 8.617 de hoxe. O total de hospitalizados baixan en 7 persoas e pasa dos 559 de onte aos 552 de hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 49.834.

Novos casos confirmados nos últimos 14 días

Gran mellora da Coruña e Vigo A Coruña: 58 contaxios novos e baixan a 1.759 os casos activos Ferrol: 28 contaxios novos e soben a 697 os casos activos Santiago: 60 contaxios novos e soben a 23 os casos activos Vigo: 45 contaxios novos e baixan a 2.209 os casos activos Pontevedra: 71 contaxios novos e soben a 1.235 os casos activos Lugo: 61 contaxios novos e soben a 1.108 os casos activos Hoxe destaca a gran mellora das áreas sanitarias da Coruña e Vigo, que ademais rexistran poucos contaxios en comparación co habitual. Pontevedra, Santiago, Ferrol e Lugo empeoran, pola súa banda, rexistrando a primeira delas o maior número de contaxios en Galicia por segundo día consecutivo. A área sanitaria máis afectada segue sendo Vigo con 2.209 casos activos (-51), seguida da Coruña con 1.759 (-39), Pontevedra con 1.235 (+1), Lugo con 1.108 (+11), Santiago con 982 (+23), Ferrol con 697 (+13) e Ourense con 627 (-10). Novos contaxios por áreas sanitarias A Coruña: 58 Ferrol: 28 Lugo: 61 Ourense: 22 Pontevedra: 71 Santiago: 60 Vigo: 45 Total: 345 O total de mortes en Galicia desde o inicio da pandemia é de 1.161, delas 15 nas últimas 24 horas, 542 nesta segunda onda. O total de hospitalizados é de 552, 7 menos que onte, divididos en 96 pacientes de UCI e 456 en planta. O total de probas PCR realizadas é de 858.609, 4.468 no día de onte, cunha positividade do 7,72%. Esta semana rexistráronse xa 673 casos de coronavirus sumando os datos de luns e martes, mentres que a semana pasada eran 853 a estas alturas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.