O Concello de Cambados recuperou e puxo en valor as antigas pezas do sistema hidráulico do Convento Franciscano no Día do Patrimonio
Hoxe luns 16 de novembro celebramos o Día Internacional do Patrimonio Mundial. Na Concellaría de Patrimonio do Concello de Cambados traballamos para conservar, protexer e difundir o noso patrimonio documental, no que se reflicte a memoria colectiva de Cambados.O Concello de Cambados adhírese ao compromiso de velar pola protección desta valiosa fonte de coñecemento da nosa diversidade cultural e social. En 2021 cumplense 20 anos da Declaración de Ben de Interese Cultural do Conxunto Histórico Artístico de Cambados, motivo polo que se van realizar unha serie de actividades que ao longo deste ano van poñer en valor, protexer e divulgar o Patrimonio Histórico do pobo de Cambados.
Unha destas actividades foi a recuperación e posta en valor de 5 pezas do sistema hidráulico do antigo Convento Franciscano gracias a colaboración do historiador cambades Gumersindo Mosteiro.
Máis info, aquí



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.