Os traballos de instalación dun gavión no illote de San Sadurniño, en Cambados, están xa rematados.
Trátase dun barreira de pedras situadas no interior dunha gaiola metálica, que protexe o perfil arqueolóxico da erosión das mareas.
Os fortes temporais de inverno deixaron ao descuberto hai máis de 6 anos un xacemento arqueolóxico nunha das caras de San Sadurniño. Daquela Cores de Cambados fixérase eco da aparición alertado por un veciño coñecedor de parte da historia que rodea a Illa da Figheira. O goberno do PP limitouse a mal tapar os restos que ao pouco volveron a ser visibles.
Pero sen a protección das capas superficiais de terra, os vestixios perigaban xa que os efectos das mareas poderían arrastrar partes do xacemento.
Por tal motivo, o Concello de Cambados optou por protexelo creando unha nova estructura de pedra.
O goberno municipal finaliza así a primeira actuación para promover o valor patrimonial dun dos espazos máis visitados da vila.
O seguinte paso sera reanudar os traballos de excavación durante a primavera e dar a coñecer á veciñanza a historia do illote mediante visitas guiadas.
Como dixemos, hai case 7 anos este blog fíxose eco gracias a colaboración dun veciño do achádego. Naquel intre houbo algún ilustrado que pouco máis que si reía de todo esto. Que dirá agora ese xunta letras?
Info e imaxes de Arousa Sí Radio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.