A Xunta fixa varias restricións, como a prohibición de cría ao aire libre, e informa tamén a case unha trintena de concellos de que pasan a risco moderado A Xunta avisou a sete municipios da provincia de Pontevedra de alto risco por gripe aviaria, tras a detección de focos recentes en aves silvestres e domésticas en Europa --en Países Baixos, Alemaña, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca e Bélxica-- nunha época de "intensa" actividade migratoria. En concreto, o Ministerio de Agricultura elevou a "alto" o nivel de perigo de aparición desta enfermidade nas zonas de especial risco ( ZER). Segundo explica a Consellería do Medio Rural, nesta situación en Galicia atópanse os municipios de: O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa. De tal forma, fíxanse determinadas prohibicións nestes concellos como que non se pode realizar a cría de aves ao aire libre. Todos os propietarios deben recluír ás súas aves en instalacións pechadas. Se non existe esa posibilidade, os produtores deben contar con separación que impida o acceso de paxaros silvestres e o seu contacto con auga ou alimento destinado aos domésticos. Ademais, prohíbese a cría de patos, gansos ou ocas con outras especies de aves de curral. Tamén queda prohibido dar auga a aves de curral procedente de depósitos superficiais, fontes ou outra orixe que poida ter contacto con especimes silvestres. Así mesmo, o alimento no exterior ten que estar protexido. Tampouco se poden xuntar aves de curral con outras distintas, como poidan ser as ornamentais. Non está permitido o uso de reclamos de caza con aves de tipo anátidas --patos e similares-- e charadriformes --gaivotas e similares--. É obrigatoria a inscrición dos currais familiares nun rexistro administrativo cos seguintes datos: identificación do propietario, dirección da explotación, número habitual de aves, especies, así como se o sistema de cría é aberto, pechado ou mixto --aves que saen ao exterior e dormen en interior--. A Xunta explica que puxo ao dispor dos concellos afectados os servizos veterinarios oficiais a través da Oficinas Agrarias Comarcais. Lembra que #ante "calquera sospeita" de gripe aviaria os donos de explotacións deben comunicalo aos servizos veterinarios. Con todo, o Goberno galego asegura que todos o resultados en laboratorios ata a data resultaron "negativos". Mentres, séguense as pautas e programas de control marcados polo Ministerio, á vez que se avanza no rexistro administrativo de currais familiares --que por ser de autoconsumo non ten obrigación de estar rexistrados--. Aumento de risco en case 30 municipios máis Pola súa banda, case unha trintena de municipios galegos que se atopa en zonas de especial vixilancia ( ZEV) ven como se eleva o seu risco ata moderado. Estes concellos son: Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Ribeira, Vimianzo e Zas, na provincia da Coruña; Ribadeo e Trabada, na provincia de Lugo; Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense; así como A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. No caso dos ZEV, está prohibida a presenza de aves de curral en centros de concentración de animais como feiras e mercados gandeiros, mentres que os titulares de explotacións avícolas non comerciais deben anotarse nun rexistro administrativo. Con todo, é recomendable seguir as mesmas medidas de seguridade que nos ZER.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
18 de noviembre de 2020
O SALNÉS EN RISCO POR GRIPE AVIAR

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.