Coronavirus Pontevedra: Vilagarcía en alerta vermella, 49 contaxios e baixan os activos.
Volve a alerta vermella a capital do Salnés, pero a área sanitaria en conxunto continúa mellorando.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa mellorando, aínda que hoxe a mala noticia é que Vilagarcía de Arousa volve ao estado de alerta vermella tras rexistrar máis de 21 casos no últimos sete días. A tendencia da área sanitaria en conxunto é á baixa, e os 49 casos reportados hoxe son menos que os 65 do luns pasado.
Nas últimas 24 horas producíronse 49 contaxios novos, 1 falecemento (unha muller de 95 anos, usuaria de DomusVi Ribadumia, que estaba ingresada non Hospital do Salnés) e 82 altas, o que fai que baixen en 34 persoas os casos activos, pasando dos 1.267 de onte a 1.233 hoxe.
Vilagarcía de Arousa volve ao estado de alerta vermella que abandonou onte, Caldas de Reis e Soutomaior baixan a alerta amarela, Cerdedo-Cotobade sobe a alerta amarela e A Lama e Vilaboa deixan de estar en alerta.
Alerta nivel 3 (vermella): Cambados (67+2), Marín, Poio, Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.
Alerta nivel 2 (laranxa): Meis, O Grove, Ribadumia.
Alerta nivel 1 (amarela): Bueu, Caldas de Reis, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Meaño, Soutomaior e Vilanova de Arousa.
O número de pacientes hospitalizados sobe de 68 a 70 persoas, distribuídos en 52 pacientes no CHU de Pontevedra (43 en planta e 9 na UCI), 14 no Hospital Público do Salnés e 4 no Quirónsalud de Pontevedra.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 4.532 casos de coronavirus, con 43 falecementos, 3.256 altas e 1.233 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.