TELÉFONOS DE INTERESE

29 de octubre de 2020

GRÁFICAS SALNÉS RECIBE POR SEGUNDO ANO O PREMIO LIDERPACK


O
pack funcional viño premiado foi deseñado en colaboración con Adegas Martín Códax. Os prestixiosos Premios Liderpack recoñecen unha vez máis o traballo de Gráficas Salnés. O pack funcional viño proxectado e elaborado polo equipo de deseño da compañía de Cambados foi galardoado como un dos mellores traballos na categoría de packaging de bebidas na súa edición 2020. O certame Liderpack, convocado por Graphispack Asociación e o salón Hispack de Fira de Barcelona, distingue con carácter anual os produtos máis destacados no mercado das artes gráficas en España. O xurado, formado por profesionais da industria e expertos en márketing e deseño, tivo en conta a innovación, a creatividade, a funcionalidade e a sustentabilidade do proxecto exposto por Gráficas Salnés. A empresa cambadesa é o único representante galego que se alza cun premio nesta edición 2020. Convértese, ademais, no segundo galardón Liderpack que logra no últimos tres anos. En 2018, resultou gañadora na categoría Miscelánea coa súa packaging ‘Studio Natur’ para a madeireira Finsa. Tecnoloxía e deseño en packaging para alimentación Este galardón ratifica a Gráficas Salnés como un referente en tecnoloxía e deseño en packaging. Froito da estreita colaboración entre Gráficas Salnés e o departamento de márketing de Adegas Martín Códax, o ‘ pack funcional viño’ xorde como soporte para dous viños: o albariño Marieta e o godello Mara Martín. Está formado por unha orixinal cubeta de xeo e dúas botellas recubertas por unha funda de microcanal contracolado que o fan fácilmente transportable, seguro e atractivo. A imaxe da funda complementa a etiqueta de cada un dos produtos. Este singular pack pode atoparse nos lineais dos principais retailer de alimentación e tendas gourmet. Gráficas Salnés é unha compañía cunha traxectoria de máis de 30 anos no sector das artes gráficas. Está especializada no deseño e fabricación de packaging premium para clientes de diferentes ámbitos, como a perfumería, farmacéuticas, adegas ou conservas. Presta un servizo integral de preimpresión, impresión offset, dixital e serigrafía. Pertencente desde o pasado xaneiro ao grupo familiar galego Figrupo, a empresa está a afrontar unha importante transformación tecnolóxica que a sitúa como líder no noroeste español pola súa innovación e a súa capacidade produtiva.
Esta aposta foi recoñecida o pasado ano pola Xunta de Galicia co premio á innovación tecnolóxica nos proxectos Agader. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.