Cambados ten 22 contaxios positivos de COVID e 27 persoas en contacto directo pendentes dos resultados das PCR. Estas cifras fan que estemos a un paso de sufrir as restricións que xa sofren os nosos veciños de Vilagarcía, Vilanova, Sanxenxo e Meis.O Sergas comunica que todos os martes e xoves dará os datos do Concello de Cambados nas reunións que se manteñen coas alcaldesas e alcaldes do Salnés. Así se desprende da reunión mantida por videoconferencia entre o Conselleiro de Sanidade e os alcaldes e alcaldesas do Salnés este xoves.
As medidas son as seguintes:
–Límite de reunións entre non conviventes a un máximo de dez persoas independentemente de que teñan lugar en espazos públicos ou privados. A medida non se aplicará aos conviventes ou ás actividades laborais, de formación ou outra índole.
–Redución do aforo de velorios a un máximo de 25 persoas en espazos abertos e de dez en zonas pechadas. No caso dos enterros, o tope permitido será de dez persoas e, no das vodas, de cen persoas en espazos ao aire libre e de cincuenta en lugares pechados.
–A asistencia a lugares de culto acoútase/acóutase ao 50 por cento da súa capacidade. A mesma cota aplicarase a establecementos comerciais, establecementos de hostalería, albergues, hoteis e aloxamentos turísticos, bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos, cinemas, auditorios, circos, centros de lecer infantil, piscinas, congresos, locais de apostas, celebración de eventos deportivos e autoescolas, entre outros. Nas terrazas da hostalería o límite é do 75%.
–Prohibición do consumo en barra en establecementos de hostalería e bares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.