TELÉFONOS DE INTERESE

29 de septiembre de 2020

SIGUEN AUMENTANDO OS CASOS DE CORONAVIRUS VENCELLADOS A AVÍCOLA


Os casos de contaxiados de covid-19 na planta que Avícola de Galicia ten no municipio pontevedrés de Cambados ascenden xa a 110, segundo desvelou este luns o Servizo Galego de Saúde. Ata 78 destes casos detectáronse entre os traballadores, mentres que outros 32 son familiares ou contactos estreitos dos empregados da avícola. Sanidade asegura que o protocolo preventivo activado por este brote continúa vixente e se ha han reforzado os
cribados preventivos para buscar novos casos. Para iso, segundo as autoridades sanitarias, mantense a coordinación e a comunicación "permanente" coa dirección da compañía para controlar a situación. A este respecto, Sanidade autorizou a Avícola de Galicia a renovar a súa actividade, despois de cesar a súa produción durante dous días para desinfectar as instalacións. Os inspectores da consellería comprobaron que a empresa cumpriu con todas as medidas e protocolos preventivos que se habían pautado para "atallar as cadeas de contaxio", intensificando a limpeza e desinfección da fábrica e das zonas comúns.  

Estas medidas sumáronse ás implementadas desde o comezo do brote, entre elas a redución da produción, a realización de test rápidos aos traballadores - incluídos os de nova incorporación- ou a subministración de material de protección. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.