TELÉFONOS DE INTERESE

24 de septiembre de 2020

CERCA DE 200 ALUMNOS CONTAXIADOS EN GALICIA


Nos centros educativos de Galicia segue sen haber ningún centro pechado, e hai certas modificacións nos datos por áreas sanitarias: en total hai 199 alumnos contaxiados, 20 máis que o mércores, mentres que as aulas clausuradas son 53 (+3), con Vigo á cabeza neste caso, con 20 pechadas (+1). A área de Pontevedra ten 11 (-1), Ourense ten oito (+1), A Coruña e Santiago teñen cinco aulas pechadas respectivamente (están igual as dúas), Lugo conta con tres (+1) e Ferrol una (+1). En canto aos contagios, os datos están así: A Coruña 40 (+6), Pontevedra 37 (+6), Santiago 36 (+1), Vigo 34 (+5), Lugo 25 (+2), Ourense 21 (-1) e Ferrol 6 (+1).

Este xoves hai dúas aulas pechadas no colexio no CPR Calasancio e o CEIP Barcelos de Pontevedra e teñen decretada a corentena nunha aula nas escolas infantís Casa do Mar de Marín, A Parda de Pontevedra, Vilaboa e Tenorio, en Cerdedo-Cotobade; e nos colexios de infantil e primaria CPR Sagrado Corazón dos Praceres en Pontevedra e CEIP  Magaláns-Dorrón e CEIP Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo. 

En canto ao número total de positivos, nas escolas infantís hai un en Dalila de Marín, un en casa  do Mar de Marín, un no Sek Atlántico de Pontevedra, dous na Parda de Pontevedra, un en Vilaboa e outro en Cotobade-Tenorio. 

No resto dos centros de ensino non universitario hai un no IES da Cañiza, tres no CEIP Amor Ruibal de Barro, un no CPI Alfonso VII de Caldas, un no CEIP Tenorio de Cerdedo-Cotobade, un no CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín, un no CPI Mosteiro de Meis e un no CPR San Francisco de Vilagarcía. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.