O número de novos positivos en Galicia redúcese aos 141, despois dunha semana que se moveu con datos próximos ou por encima dos 200 positivos diarios. Con todo, a cifra baixa ao ritmo que tamén se reduciron as PCR realizadas: fixéronse sobre 4.300 novas, cando nos últimos días excedían ou quedaban preto das 6.000 diarias. Para ver unha cifra de probas similar hai que remitirse a comezos da semana pasada, cando roldaron as 3.000-4.000, aínda que desprendendo sobre 200 positivos novos, o que reflicte boas noticias. O dato de positivos non era tan baixo desde mediados de agosto. O número de casos activos redúcese tamén, neste caso en 78, por novamente ter un elevado número de altas: 218 persoas recibírona, o que sitúa a cifra en 18.534. Este domingo informouse de 245 altas. Pola contra, hai que lamentar dous novos falecementos, un deles relacionado coas residencias: trátase dun maior, do que se descoñece a súa idade, no centro residencial As Salinas, en Ourense. Tamén faleceu un home de 61 anos con patoloxías previas e ingresado no HULA, en Lugo. Son 731 os falecidos provocados pola pandemia en Galicia. Por áreas sanitarias, exponenciais caídas de casos na Coruña e Lugo, mentres que Ourense ou Santiago soben. A Coruña segue sendo a de maior incidencia, con 999 casos activos (-47), seguida de Pontevedra, onde se produce un pequeno respiro tras as paulatinas subidas, e rebaixa os seus datos en 15 casos aos 811. Séguelle Ourense, que sobe outros 15 casos, ata os 843. Posteriormente, con datos moito máis baixos, atópanse Santiago, con 583 (+6), Lugo, con 552 e unha baixada de 37 casos, Vigo, que conta con 512, polo que é o mesmo dato que o domingo. Por último, Ferrol ten 153 casos (-1).
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
28 de septiembre de 2020
AS 450 ALTAS EN DOUS DÍAS REBAIXAN COVID-19 OS ENFERMOS EN GALICIA

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.