TELÉFONOS DE INTERESE

23 de septiembre de 2020

A SUBA DE CASOS DE COVID-19 FAI QUE VILAGARCÍA SUFRA RESTRICIÓNS A PARTIR DESTA MEDIANOITE


O incremento dos contaxios por coronavirus na área Sanitaria de Pontevedra sigue sen freo.
Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, este mércores 23 de setembro rexistráronse 50 novos positivos.
Ao tempo, prescribíronse 16 altas epidemiolóxicas de xeito que os casos activos ascende a 736, confirmándose como segunda área sanitaria máis afectada de Galicia, só por detrás da Coruña (1.110).
De todos os infectados, continúan ingresados 20 os pacientes: 5 na UCI e 15 en planta -13 en Montecelo e 2 no Quirón Salud Miguel Domínguez.
Desde o inicio da pandemia curáronse 1.199 pacientes e faleceron 19 persoas.

Co fin de limitar a escalada de rebrotes rexistrada en varios municipios da Comunidade nos últimos días, a Xunta de Galicia decidiu este mércores estender a Vilagarcía e certos barrios de Ames as medidas que xa se atopan activas en diferentes puntos da xeografía galega. Son medidas que decidiu o Comité Clínico, entrarán en vigor na medianoite do mércores 23 ao xoves 24 de setembro e serán revisadas en sete días. Os novos concellos afectados son o conxunto do territorio de Vilagarcía e diferentes rúas da zona de O Milladoiro, do coruñés concello de Ames. As medidas son as seguintes: –Límite de reunións entre non conviventes a un máximo de dez persoas independentemente de que teñan lugar en espazos públicos ou privados. A medida non se aplicará aos conviventes ou ás actividades laborais, de formación ou outra índole. –Redución do aforo de velorios a un máximo de 25 persoas en espazos abertos e de dez en zonas pechadas. No caso dos enterros, o tope permitido será de dez persoas e, no das vodas, de cen persoas en espazos ao aire libre e de cincuenta en lugares pechados. –A asistencia a lugares de culto acoútase/acóutase ao 50 por cento da súa capacidade. A mesma cota aplicarase a establecementos comerciais, establecementos de hostalería, albergues, hoteis e aloxamentos turísticos, bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos, cinemas, auditorios, circos, centros de lecer infantil, piscinas, congresos, locais de apostas, celebración de eventos deportivos e autoescolas, entre outros. Nas terrazas da hostalería o límite é do 75%. –Prohibición do consumo en barra en establecementos de hostalería e bares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.