"Hierro" foi seleccionada como finalista á mellor serie na terceira edición dos premios do festival de televisión de Venecia, que distingue ás mellores producións televisivas de todo o mundo. A serie, coproducida con Movistar +, xunto á produtora galega Portocabo e a francesas ARTE e Atlantique Productions, é a única ficción de fala hispana seleccionada por estes premios, que gañou " The New Pope", segundo informa Portocabo. Os novos episodios desta serie que mostra a investigación que leva a cabo unha xuíza que chega ás illas Canarias para un caso en concreto, contarán coa incorporación de dous actores galegos ao elenco protagonista. Trátase de Antonio Durán Morris e Matías Varela, actor sueco con orixe en Cambados e que é coñecido a nivel internacional polo seu papel en sériea Narcos, segundo informaban desde a produtora coruñesa Portocabo. Nun comunicado, a produtora galega detalla que a segunda tempada de "Hierro", dirixida de novo por Jorge Coira e protagonizada por Candela Pena, Darío Grandinetti e Matías Varela, verá a luz en 2021. A serie colleitou este ano ademáis os Premios Ondas (serie e actriz protagonista, Candela Pena), Premios Iris (guión), Premios Feroz (drama e actriz protagonista), Premios MiM Series (actriz de drama) ou os Premios Mestre Mateo (serie de TV, dirección de produción, guión e música orixinal) entre unha lista de 18 galardóns. Creada por Pepe Coira e dirixida por Jorge Coira, con Alfonso Blanco de Portocabo como produtor executivo, a serie finalizou este verán a rodaxe da súa segunda tempada, que chegará a Movistar+ en 2021 e constará de 6 episodios de 50 minutos de duración.
TELÉFONOS DE INTERESE
▼
30 de septiembre de 2020
A SERIE "HIERRO" CO CAMBADÉS MATÍAS VARELA FINALISTA NO FESTIVAL DE VENECIA DE TV

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.