Este mediodía producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilariño. Exactamente no cruzamento desta avenida coa rúa do Castro que leva aos pes do Monte da Pastora: Como consecuencia do choque frontolateral entre un turismo e unha motocicleta resultou ferido C.V.M. de 45 anos, veciño de Ribadumia e conductor da moto. O Home foi trasladado ao Hospital do Salnés con feridas e dor lumbar, cervical e dor brazo esquerdo. Acudiron ao lugar dos feitos o Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados, Ambulancia do 061, e a Policía Local que instrúe as dilixencias oportunas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.