TELÉFONOS DE INTERESE

16 de julio de 2020

UN MÉDICO DO C. DE SAÚDE DE BALTAR (PORTONOVO) POSITIVO POR COVID-19

Segundo informan varios medios de comunicación locáis un médico de familia que presta servizo no centro médico de Baltar, en Sanxenxo, deu positivo por coronavirus,  segundo confirmaron fontes da dirección da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. 
Unha vez coñecido o positivo deste profesional sanitario activouse todos os protocolos establecidos no plan de continxencia da  Covid-19 e xa se realizou a enquisa epidemiolóxica para empezar un rastrexo dos posibles contactos deste facultativo. 
Segundo estas mesmas fontes, xa se identificaron os contactos e ditáronse os illamentos e as corentenas precisas para evitar posibles contaxios e conter a expansión do virus. De momento, non existen datos oficiais do número de persoas en illamento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.